viernes, 15 de julio de 2011

Produtos a día de hoxe...

Agora mesmo temos dispoñibles: Xudía, Tomate, Tomate "Cherry" (que por agora madura amodiño), Pemento de Padrón (uns pican e outros non), Pemento de Padrón (variedade que non pica), Pemento Morrón Verde, Cogombro (Pepino en castelán), Berenxena e Leituga verde lisa.

Como "Delicatessen" ou "Produtos Exquisitez" temos o: Tomate Neghro de Santiago, Pemento de Arnoia, Pemento de Puxín e Pemento de Oimbra.

Ainda non están dispoñibles pero cada día quedalle menos a: Leituga Vermella Riza, Leituga Verde Riza, Allo, Tomate Raf e o Tomate Negro ou Cumato.

Son pequenos ou están nacendo o: Prixel (Perejil en castelán), Porro (Puerro), Repolo e Rabizas.

Xa non temos: Patacas novas (todas vendidas) e Ceboleta (o "nordés" tirouna case toda e agora pasa a ser cebola).

A lista de prezos dos produtos dispoñibles aparece no lateral dereito do blog. Procuraremos actualizar o blog sempre para que sepades que produtos hai.

Link humor anuncio da Once "Las tapitas" en Spanglish: http://www.youtube.com/watch?v=sNzUIJMuvlU&NR=1

2 comentarios:

  1. Estimado Sr. Warner ... más flojito, por favor.

    Estamos facendo unha empanadiña e ocurriosenos entre bagoas, se non teredes cebola "da risa"?? Había que facerse coa semente desa variedade.
    Supoño que habería que facer coma hommer e experimentar coa radioactividade ou mesmo con esterco de "la vaca que rie"
    Sen máis...

    ResponderEliminar
  2. P.D. Recomendo encarecidamente os pementos "tipo Padrón", estaban de vicio, e por encima non pica ningún, que para que lles piquen xa están os "Toristas" que eu xa sei que pican e non me fai nin "·$%&/()=ra jracia (perdón pola expresión.

    ResponderEliminar