domingo, 19 de junio de 2011

Documental "Comprar, tirar, comprar"

Hai só uns meses emitíuse na 2 de TVE un documental moi interesante titulado "Comprar, tirar, comprar" que fala sobre o concepto da "obsolescencia programada" ou o que é o mesmo, reducir a vida dun producto adrede para aumentar o seu consumo.

Aparte de explicar o funcionamento deste motor da economía moderna quizais o máis interesante é ver as alternativas que existen fronte a este modelo, como poden ser o "decrecemento" ou a redución do consumo e a produción para ter tempo para desenrolar outras formas de riqueza como poden ser a amizade ou o coñecemento, que non se esgotan o utilizalas.


miércoles, 15 de junio de 2011

Un pouco de boa música: "Nubes" de Xabier Díaz

O pasado 16 de Maio de 2011, véspera do Día das Letras Galegas, organizado pola A.C. Monte Branco do Couto, poidemos disfrutar dun concerto dos que paga a pena ver. Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillerme Fernández ofrecéronnos un espectáculo ben bonito que ogalla un día se convirta nun disco, no que combinan temas propios de cada un deles e versións doutros artistas.

Aínda que non lle pedin permiso a Xabier e como son algo pirata (como xa dixo Alex de la Iglesia),  achégovos un enlace a unha das cancións máis fermosas do seu disco "Salitre", e tamén un enlace a súa páxina web.



Páxina de Xabier Díaz: http://www.xabierdiaz.com/

sábado, 11 de junio de 2011

O DÍA QUE SAÍMOS NA PRENSA

Con motivo da colaboración co "Grupo de Desenvolvemento Rural de Bergantiños" (GDR) no programa "Novos Horizontes", que pretende recuperar terras e cultivos do país, saímos un par de veces na prensa do pasado mes de Marzo de 2011. Adxunto achéganse links correspondentes as novas da Voz de Galicia:

"Dous mozos de Cerqueda abandonan a construción para dedicarse á agricultura":

Entrega de sementes no GDR:

DOCUMENTAL "FOOD, INC."

Hoxe, mentras que estabamos no curso de "Aptitude empresarial agraria" no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, entre outras cousas estivemos vendo parte de un documental estadounidense do ano 2008 que cremos que paga a pena ver, para saber como funciona este mundo no tocante a produción industrial de carne, produción industrial de gran e verdura e o poder económico e legal das multinacionais alimentarias. O seu nome é "Food, inc."

Video de Youtube:

Información Wikipedia:




jueves, 9 de junio de 2011

RECOLLENDO PATACAS E CEBOLETA

Isto é o que estivemos facendo no día de onte e de hoxe entre outras cousas. Por un lado imos apañando as patacas novas os poucos e por outro empezamos a recoller a ceboleta que xa ten un bo tamaño.

lunes, 6 de junio de 2011

E UN PEPINO !!!

Como por algún lado tiñamos que empezar o blog, porque non facelo cos mediáticos cogombros, tamén chamados "pepinos" en castelán ou "cucumbers" en inglés. Despois de tódolo visto na prensa e na TV respecto o tema parece ser que o pobre cogombro non é o culpable ( polo menos non o único ) do grave problema de saúde que están sofrindo en Alemania.. O caso e que agora que colliu a fama pode botarse a durmir. 

Deixando o tema dos medios de lado podemos decir que xa temos cogombros, xa empezan a vir os tomates, os cherrys, as patacas novas e as ceboletas. Tamén están en marcha aínda que non producindo os pimentos de padrón, os pimentos morróns, as xudías, os allos, as berenxenas, as leitugas...e proximamente haberá que poñerse con outras variedades, xa que nesta época a horta está en pleno auxe.

Como unha imaxe vale máis que mil palabras colgamos unhas fotos sacadas hoxe mesmo nos invernadoiros.