sábado, 23 de julio de 2011

Volverán as escuras anduriñas...

Esta semá tivemos unhas visitas "especiais" nos invernadoiros que nós deixaron que as grabásemos en tres pequenos vídeos dos que vós deixamos os enlaces máis abaixo (adicados especialmente a tódalas mamás e papás). Ademáis tamén vos deixamos unhas citas que esperamos vos gusten.

"O GATO.- Volverán as escuras anduriñas; pero unha que comín o ano pasado, isa non volverá"
Cousas da Vida. Castelao

"Quando nada parece ajudar, penso no quebrador de pedra. E o vejo martelando a sua rocha cem vezes, sem que nada aconteça. Na centésima primeira vez, a rocha se abre em duas e eu sei que nâo foi aquela martelada, mas todas as outras que viñeram antes"
Aluísio de Azevedo

"É justamente a possibilidade de realizar un sonho que torna a vida interessante"
O alquimista. Paulo Coelho

Video 1 "Anduriñas baby comendo no invernadoiro": http://www.youtube.com/watch?v=jMY8CbcByF4
Vídeo 2 "Anduriñas dende dentro do invernadoiro": http://www.youtube.com/watch?v=fGcn_pESKYE
Vídeo 3 "Anduriña baby dentro do invernadoiro": http://www.youtube.com/watch?v=fyKibtTIIs0

viernes, 15 de julio de 2011

Produtos a día de hoxe...

Agora mesmo temos dispoñibles: Xudía, Tomate, Tomate "Cherry" (que por agora madura amodiño), Pemento de Padrón (uns pican e outros non), Pemento de Padrón (variedade que non pica), Pemento Morrón Verde, Cogombro (Pepino en castelán), Berenxena e Leituga verde lisa.

Como "Delicatessen" ou "Produtos Exquisitez" temos o: Tomate Neghro de Santiago, Pemento de Arnoia, Pemento de Puxín e Pemento de Oimbra.

Ainda non están dispoñibles pero cada día quedalle menos a: Leituga Vermella Riza, Leituga Verde Riza, Allo, Tomate Raf e o Tomate Negro ou Cumato.

Son pequenos ou están nacendo o: Prixel (Perejil en castelán), Porro (Puerro), Repolo e Rabizas.

Xa non temos: Patacas novas (todas vendidas) e Ceboleta (o "nordés" tirouna case toda e agora pasa a ser cebola).

A lista de prezos dos produtos dispoñibles aparece no lateral dereito do blog. Procuraremos actualizar o blog sempre para que sepades que produtos hai.

Link humor anuncio da Once "Las tapitas" en Spanglish: http://www.youtube.com/watch?v=sNzUIJMuvlU&NR=1

Temos produtos, buscamos clientes...

Actualmente xa temos unha variedade de produtos para ofrecervos e por medio desta entrada queremos explicarvos o funcionamento para poder comprar.

A idea e facer un reparto semanal a domicilio con un consumo mínimo de 12 €. Ese reparto sería os Martes pola cidade de A Coruña e os Venres por Carballo, deixando o Sábado para reparto por Cerqueda e arredores.

Con esta forma de venda o produto vai do invernadoiro as vosas casas periodicamente e sen intermediarios, ou sexa venda directa mediante un sistema de cestas. Cada semana, ou cada 15 días, entregámosvos o voso pedido nunha caixa de madeira que recollemos na próxima entrega, reducindo así tamén o consumo de bolsas e embalaxes.

A maiores os Xoves tamén teremos un posto de venda na Feira de Carballo.

Os que esteades interesados podedes contactar connosco por mail en croadocastro@gmail.com ou ben por teléfono. Trataremos de ir organizando o tema pouco a pouco, mellor a modiño e con boa letra, xa que teremos que saber a direción de entrega e todas esas cousas.

Se vos gustou a imaxe "TE VOY DICIR UNA COSA" aqui podedes ver máis, e incluso mercar camisetas: http://chukelo.es/

lunes, 11 de julio de 2011

Outra vez nos medios


Hai uns días que volvemos sair nos medios, neste caso na páxina web http://www.finisterrae.org/, exactamente o pasado martes, 05 de Xullo de 2011, no apartado de novas.

Link a nova: http://www.finisterrae.org/nova.php?noticia=1771&idioma=es&sec=2

Dende aqui queremos agradecerlle publicamente a dito Portal da Costa do Morte a seu interese pola "Croa do Castro", xa que tódalas axudas son poucas cando se está comezando.

Por outra banda no día de hoxe tamén subimos a rede o noso primeiro vídeo 360º dos invernadoiros.
Link do mesmo: http://www.youtube.com/watch?v=0gPX1wApolM

domingo, 10 de julio de 2011

Música: "Yo quiero ser silvestre"

Este fin de semana son as festas patronais de San Cristobo en Cerqueda. Así que, como non todo vai ser traballar, imos poñer un pouquiño de música. Había moito tempo que andaba buscando un tema que escoitara cando era máis novo e que me volvía a cabeza de cando en vez. Finalmente atopeino esta semana. O tema chámase "Quiero ser silvestre" de Marc Parrot e xa ten os seus anos. Resulta que este mesmo artista xurdiu outra vez hai relativamente pouco tempo chamándose "El chaval de la Peca" que igual vos soa máis.

Deixovos tamén unha cita que lle vai moi ben a canción:
"Fuiste silvestre una vez. No te dejes domesticar" (Isadora Duncan)

Video clip "Quiero ser silvestre": http://www.youtube.com/watch?v=yacjZl66ki8

Video humor "Rare Parrot": http://www.youtube.com/watch?v=9T1vfsHYiKY

sábado, 2 de julio de 2011

Definición de produción ecolóxica

Brevemente poderíase definir a produción ecolóxica como aquela que se basea en prácticas agrarias que non empregan ningún tipo de elemento químico artificial. Esta definición pode quedar moi incompleta pero é facilmente entendible. A maiores a denominación "produción ecolóxica" está regulada por lei, e conta cunha certificación (para profundizar máis teríamos que falar de normas legais).

Por outra banda dentro da produción ecolóxica hai horta ecolóxica, pero tamén leite ecolóxico, carne ecolóxica, froita ecolóxica...(ou sexa tódalas producións agrarias). Nós, polo de agora, só facemos horta ecolóxica.

Aínda que ultimamente o concepto de produción ecolóxica está de moda, gústanos entender a agricultura ecolóxica dun xeito amplo, como unha necesidade fronte a situación global do mundo rural galego e dos ecosistemas que forman o planeta, como unha resposta fronte os efectos non desexados da agricultura convencional e basicamente coma un xeito de oposición ao crecemento da industrialización da produción agraria.

De todo isto e de máis cousas se fala nun libro titulado "Horta Ecolóxica na Galiza. Guía práctica para o cultivo" de Xan Pouliquen e Bahía Edicións, que paga a pena ler se queredes saber máis do tema.

Link a web de Xan Pouliquen: http://xan-galicia.com/

viernes, 1 de julio de 2011

Xa temos Tarxeta e Cuño


Como disque as cousas boas se fan de rogar, por fin temos a nosa tarxeta de visita e cuño listos. Mostrámosvolos "virtualmente" con esta entrada no blog esperando que pronto os teñades nas vosas casas, síntoma de que xa empezades a probar os productos que imos comezar a comercializar inmediatamente.

Moitas grazas a "mOrer", encargado do deseño do logo, tarxeta, cuño e cabeceira do blog, así como a Imprenta Axuste Gráfico encargada de facer que físicamente sexan unha realidade.
Link a páxina de "mOrer": http://photo.net/photos/morer99
Link Imprenta Axuste Gráfico: http://www.axustegrafico.com/