jueves, 26 de julio de 2012

Actualización 3.0

A día de hoxe temos dispoñibles os seguintes produtos:

Tomate Negro de Santiago:     2,50 €/kg.
Pemento de Padrón:                2,00 €/bolsa 400 g.
Cogombro (Pepino):                1,30 €/kg.
Ceboleta:                                 1,50 €/manoxo de 3
Xudía:                                      3,00 €/kg.
Pemento Italiano:                      3,00 €/kg.
Zenoura:                                   2,50 €/kg.

jueves, 3 de mayo de 2012

Actualización 2.0

A día de hoxe non temos dispoñibles produtos para a venda. Xa hai unhas semanas que non imos pola feira de Carballo debido a carencia de produtos. Como só podemos dispoñer de produtos de tempada e neste inverno non tivemos moita produción, agora mesmo estivemos/estamos prantando os produtos que teremos para este vran, como son tomates, pementos de padrón, patacas, cebolas, allos..etc, que aínda tardaran un pouco en chegar xa que as prantas ainda están medrando. Tan pronto como empezemos a ter produtos xa vos avisaremos. 

Onde estamos


Temos os invernadoiros situados no Lugar de A Lagoa, en Cerqueda, Malpica de Bergantiños, A Coruña.


A situación exacta vía Google Maps aparece no seguinte enlace: http://g.co/maps/6ghs

martes, 16 de agosto de 2011

Mercado Ecolóxico de Quilmas ( Carnota )

O pasado 16 de Xullo celebrouse en Quilmas, Carnota, o  1º Mercado Ecolóxico organizado pola Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas.

Ata alí nos achegamos para falar coa xente de Rainha Lupa e da Cooperativa de Consumo Responsabel  Zoca Minhoca (http://www.zocaminhoca.org/), entre outros, xa que había moitos máis postos (www.quepasanacosta.com/?p=8100)

Non faltaron os produtos da horta, os produtos de artesanía, as roscas, o café de pota, o polbo a feira, a música das gaitas, así como un pouquiño de orballo porque para iso estamos na Costa da Morte.

Aledámonos do éxito deste tipo de iniciativas, así como de saber que van  continuar, xa que o pasado sábado 13 de Agosto celebrouse a 2ª edición deste Mercado Ecolóxico (http://www.montepindo.org/2011/08/ii-edicion-do-mercado-ecoloxico-de.html) e disque non vai ser a última.

Se ides ata Quilmas, aproveitade a viaxe e non deixedes de visitar a Fervenza e o Mirador do Ézaro (http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/04/14/0003_201104G14P8991.htm?idioma=galego)

miércoles, 10 de agosto de 2011

Actualización 1.0


A día de hoxe temos dispoñibles os seguintes produtos:

Tomate de ensalada                   2,00 €/Kg.
Tomate Neghro/Cumato            3,00 €/Kg.
Tomate Raf                               3,00 €/Kg.
Tomate Neghro de Santiago      3,50 €/Kg.
Tomate Cherri                           4,80 €/Kg.

Leituga Verde Lisa                    0,90 €/Ud.
Leituga Verde Riza                   0,90 €/Ud.
Leituga Vermella Riza               0,90 €/Ud.

Pemento Padrón                       2,00 €/Bolsa 400 g.
Pemento Padrón non pica         2,00 €/Bolsa 400 g.
Pemento Morrón Verde            2,50 €/Kg.
Pemento Arnoia                        3,50 €/Kg.
Pemento Punxín                        3,50 €/Kg.
Pemento Oimbra                       2,70 €/Kg.

Cogombro/Pepino                    1,30 €/Kg.
Cebola                                     2,00 €/Kg.
Berenxena                                2,50 €/Kg.        
Xudía                                       3,00 €/Kg.
Allo                                          4,70 €/Kg.

P.D.: Non hai millor criado co que manda e fai

sábado, 23 de julio de 2011

Volverán as escuras anduriñas...

Esta semá tivemos unhas visitas "especiais" nos invernadoiros que nós deixaron que as grabásemos en tres pequenos vídeos dos que vós deixamos os enlaces máis abaixo (adicados especialmente a tódalas mamás e papás). Ademáis tamén vos deixamos unhas citas que esperamos vos gusten.

"O GATO.- Volverán as escuras anduriñas; pero unha que comín o ano pasado, isa non volverá"
Cousas da Vida. Castelao

"Quando nada parece ajudar, penso no quebrador de pedra. E o vejo martelando a sua rocha cem vezes, sem que nada aconteça. Na centésima primeira vez, a rocha se abre em duas e eu sei que nâo foi aquela martelada, mas todas as outras que viñeram antes"
Aluísio de Azevedo

"É justamente a possibilidade de realizar un sonho que torna a vida interessante"
O alquimista. Paulo Coelho

Video 1 "Anduriñas baby comendo no invernadoiro": http://www.youtube.com/watch?v=jMY8CbcByF4
Vídeo 2 "Anduriñas dende dentro do invernadoiro": http://www.youtube.com/watch?v=fGcn_pESKYE
Vídeo 3 "Anduriña baby dentro do invernadoiro": http://www.youtube.com/watch?v=fyKibtTIIs0

viernes, 15 de julio de 2011

Produtos a día de hoxe...

Agora mesmo temos dispoñibles: Xudía, Tomate, Tomate "Cherry" (que por agora madura amodiño), Pemento de Padrón (uns pican e outros non), Pemento de Padrón (variedade que non pica), Pemento Morrón Verde, Cogombro (Pepino en castelán), Berenxena e Leituga verde lisa.

Como "Delicatessen" ou "Produtos Exquisitez" temos o: Tomate Neghro de Santiago, Pemento de Arnoia, Pemento de Puxín e Pemento de Oimbra.

Ainda non están dispoñibles pero cada día quedalle menos a: Leituga Vermella Riza, Leituga Verde Riza, Allo, Tomate Raf e o Tomate Negro ou Cumato.

Son pequenos ou están nacendo o: Prixel (Perejil en castelán), Porro (Puerro), Repolo e Rabizas.

Xa non temos: Patacas novas (todas vendidas) e Ceboleta (o "nordés" tirouna case toda e agora pasa a ser cebola).

A lista de prezos dos produtos dispoñibles aparece no lateral dereito do blog. Procuraremos actualizar o blog sempre para que sepades que produtos hai.

Link humor anuncio da Once "Las tapitas" en Spanglish: http://www.youtube.com/watch?v=sNzUIJMuvlU&NR=1

Temos produtos, buscamos clientes...

Actualmente xa temos unha variedade de produtos para ofrecervos e por medio desta entrada queremos explicarvos o funcionamento para poder comprar.

A idea e facer un reparto semanal a domicilio con un consumo mínimo de 12 €. Ese reparto sería os Martes pola cidade de A Coruña e os Venres por Carballo, deixando o Sábado para reparto por Cerqueda e arredores.

Con esta forma de venda o produto vai do invernadoiro as vosas casas periodicamente e sen intermediarios, ou sexa venda directa mediante un sistema de cestas. Cada semana, ou cada 15 días, entregámosvos o voso pedido nunha caixa de madeira que recollemos na próxima entrega, reducindo así tamén o consumo de bolsas e embalaxes.

A maiores os Xoves tamén teremos un posto de venda na Feira de Carballo.

Os que esteades interesados podedes contactar connosco por mail en croadocastro@gmail.com ou ben por teléfono. Trataremos de ir organizando o tema pouco a pouco, mellor a modiño e con boa letra, xa que teremos que saber a direción de entrega e todas esas cousas.

Se vos gustou a imaxe "TE VOY DICIR UNA COSA" aqui podedes ver máis, e incluso mercar camisetas: http://chukelo.es/

lunes, 11 de julio de 2011

Outra vez nos medios


Hai uns días que volvemos sair nos medios, neste caso na páxina web http://www.finisterrae.org/, exactamente o pasado martes, 05 de Xullo de 2011, no apartado de novas.

Link a nova: http://www.finisterrae.org/nova.php?noticia=1771&idioma=es&sec=2

Dende aqui queremos agradecerlle publicamente a dito Portal da Costa do Morte a seu interese pola "Croa do Castro", xa que tódalas axudas son poucas cando se está comezando.

Por outra banda no día de hoxe tamén subimos a rede o noso primeiro vídeo 360º dos invernadoiros.
Link do mesmo: http://www.youtube.com/watch?v=0gPX1wApolM

domingo, 10 de julio de 2011

Música: "Yo quiero ser silvestre"

Este fin de semana son as festas patronais de San Cristobo en Cerqueda. Así que, como non todo vai ser traballar, imos poñer un pouquiño de música. Había moito tempo que andaba buscando un tema que escoitara cando era máis novo e que me volvía a cabeza de cando en vez. Finalmente atopeino esta semana. O tema chámase "Quiero ser silvestre" de Marc Parrot e xa ten os seus anos. Resulta que este mesmo artista xurdiu outra vez hai relativamente pouco tempo chamándose "El chaval de la Peca" que igual vos soa máis.

Deixovos tamén unha cita que lle vai moi ben a canción:
"Fuiste silvestre una vez. No te dejes domesticar" (Isadora Duncan)

Video clip "Quiero ser silvestre": http://www.youtube.com/watch?v=yacjZl66ki8

Video humor "Rare Parrot": http://www.youtube.com/watch?v=9T1vfsHYiKY