O pasado 16 de Xullo celebrouse en Quilmas, Carnota, o 1º Mercado Ecolóxico organizado pola Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas.
Ata alí nos achegamos para falar coa xente de Rainha Lupa e da Cooperativa de Consumo Responsabel Zoca Minhoca (http://www.zocaminhoca.org/), entre outros, xa que había moitos máis postos (www.quepasanacosta.com/?p=8100)
Non faltaron os produtos da horta, os produtos de artesanía, as roscas, o café de pota, o polbo a feira, a música das gaitas, así como un pouquiño de orballo porque para iso estamos na Costa da Morte.
Aledámonos do éxito deste tipo de iniciativas, así como de saber que van continuar, xa que o pasado sábado 13 de Agosto celebrouse a 2ª edición deste Mercado Ecolóxico (http://www.montepindo.org/2011/08/ii-edicion-do-mercado-ecoloxico-de.html) e disque non vai ser a última.
Se ides ata Quilmas, aproveitade a viaxe e non deixedes de visitar a Fervenza e o Mirador do Ézaro (http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/04/14/0003_201104G14P8991.htm?idioma=galego)