viernes, 1 de julio de 2011

Xa temos Tarxeta e Cuño


Como disque as cousas boas se fan de rogar, por fin temos a nosa tarxeta de visita e cuño listos. Mostrámosvolos "virtualmente" con esta entrada no blog esperando que pronto os teñades nas vosas casas, síntoma de que xa empezades a probar os productos que imos comezar a comercializar inmediatamente.

Moitas grazas a "mOrer", encargado do deseño do logo, tarxeta, cuño e cabeceira do blog, así como a Imprenta Axuste Gráfico encargada de facer que físicamente sexan unha realidade.
Link a páxina de "mOrer": http://photo.net/photos/morer99
Link Imprenta Axuste Gráfico: http://www.axustegrafico.com/

2 comentarios:

  1. Como vexo que ademáis de clientes sodes amigos e tal e tal...
    Cando veñas pola imprenta terás a ben traer unha caixiña de patacas pa ver si se deixan comer (seguro que sí)
    Si tes da variedade "peladas" mellor
    Un saudo

    ResponderEliminar
  2. Ok Sr. Jaucho,
    Por ser vostede o primeiro en facer un pedido polo blog tocoulle unha mostra surtida de produtos frescos da horta.
    Respecto as patacas veremos que podemos facer porque xa case non quedan, a excepción das pequenas de asar que logo se pelan e van moi ben para as festas.
    Un saúdo

    ResponderEliminar