Brevemente poderíase definir a produción ecolóxica como aquela que se basea en prácticas agrarias que non empregan ningún tipo de elemento químico artificial. Esta definición pode quedar moi incompleta pero é facilmente entendible. A maiores a denominación "produción ecolóxica" está regulada por lei, e conta cunha certificación (para profundizar máis teríamos que falar de normas legais).
Por outra banda dentro da produción ecolóxica hai horta ecolóxica, pero tamén leite ecolóxico, carne ecolóxica, froita ecolóxica...(ou sexa tódalas producións agrarias). Nós, polo de agora, só facemos horta ecolóxica.
Aínda que ultimamente o concepto de produción ecolóxica está de moda, gústanos entender a agricultura ecolóxica dun xeito amplo, como unha necesidade fronte a situación global do mundo rural galego e dos ecosistemas que forman o planeta, como unha resposta fronte os efectos non desexados da agricultura convencional e basicamente coma un xeito de oposición ao crecemento da industrialización da produción agraria.
De todo isto e de máis cousas se fala nun libro titulado "Horta Ecolóxica na Galiza. Guía práctica para o cultivo" de Xan Pouliquen e Bahía Edicións, que paga a pena ler se queredes saber máis do tema.
Link a web de Xan Pouliquen: http://xan-galicia.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario