O pasado 16 de Maio de 2011, véspera do Día das Letras Galegas, organizado pola A.C. Monte Branco do Couto, poidemos disfrutar dun concerto dos que paga a pena ver. Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillerme Fernández ofrecéronnos un espectáculo ben bonito que ogalla un día se convirta nun disco, no que combinan temas propios de cada un deles e versións doutros artistas.
Aínda que non lle pedin permiso a Xabier e como son algo pirata (como xa dixo Alex de la Iglesia), achégovos un enlace a unha das cancións máis fermosas do seu disco "Salitre", e tamén un enlace a súa páxina web.
Video de YouTube: http://www.youtube.com/watch?v=AAibg9Q96zY&feature=related
Páxina de Xabier Díaz: http://www.xabierdiaz.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario